6513 días online: 17 años, 10 meses y 8 días · 1.859 artículos · 2.753 comentarios · 527 restaurantes · 429 películas · 239 series

Apellido Carballada
Publicado el miércoles 22 de noviembre de 2006, hace 6336 días. OpinionDestacadosDiario personal

Escudo Carballada

Pablo ha publicado un documentado estudio sobre el apellido Carballada en su blog o meu curruncho que paso a reproducir integramente a partir de aquí.

Hai tempo que eu viña «profundando» na idea de facer un post adicado a este meu apelido materno, Carballada, pois no seu día procurei algunha información que me parece interesante compartir con outros que se chamen igual.

ETIMOLOXÍA

Parece bastante evidente a orixe etimolóxica da palabra carballada. Está claro que é un apelido galego e case podemos adiviñar o seu significado.

Hoxe non existe esta palabra no galego actual. Pode ser que sexa derivada de carballeda, que ademáis é moito máis abundante entre os apelidos galegos e que significa o mesmo que carballeira: «lugar poboado de carballos». Non é necesario que vos lembre o que é un carballo.

Podemos asumir que carballada é unha variante de carballeda, que deriva de carballo. Pero de onde vén carballo? Como non son filólogo permítome citar a alguén que si sabe destas cousas, como Xosé Luis Méndez Ferrín, que deixou ben claro na «Caixa dos Apelidos» que escribe os domingos no Faro, que as orixes da palabra carballo constitúen un enigma ben arcaico pois a súa raiz é preindoeuropea e tiña significados como «rocha, cousa de constitución dura, planta de monte áspera e dura».

Posteriormente, sobreviviu ás linguas prerromanas e ao latín para dar diferentes palabras nos idiomas europeos modernos, sempre relacionadas co monte e as súas plantas. Entre elas está o galego-portugués carballo ou carvalho, pero tamén o vasco karbara.

Como curiosidade, podemos engadir que si existe a palabra carvalhada no portugués do Brasil. Alí, nalgúns estados do interior e o nordeste, a carvalhada é unha festa tradicional parecida ás festas de moros e cristiáns de España, e mesmo o goberno emitiu estes selos.

Sellos Carballada

Non existe o apelido Carvalhada.

ORIXE DO APELIDO

Como todos os apelidos do país, o noso comezou a herdarse nalgún momento entre os séculos XIV e XV. Seguramente ten orixe toponímica, o que quere dicir que foi un sobrenome que se lle puxo a unha familia que vivía nun lugar así chamado e que despois ficou petrificado en forma de apelido, seguramente na forma «da Carballada». O «da» teríase perdido na escuridade dos séculos, como lle pasou ás preposicións de case todos os apelidos toponímicos.

Hoxe non existe ningún lugar, aldea ou freguesía en Galicia que se chame Carballada, ainda que si existiu, concretamente na freguesía de Martín, concello de Bóveda (Lugo) un lugar, ou mellor dito, unhas pedras no río que atravesa o lugar e que os veciños chamaban Ponte da Carballada. Nesta aldea é onde atopamos a maior concentración de Carballadas!!

O devanceiro máis antigo do que teño noticia é Pedro Carballada, que andaba en pleitos cun tal Bartolomé de Vilaboa en 1597, e que está documentado no catálogo de Particulares nos fondos documentais do Arquivo do Reino de Galicia.


Teoría alternativa: Pode ser que Carballada sexa simplemente unha variación ou deturpación máis ou menos recente do apelido Carballeda, tamén orixinario de Lugo pero moito máis frecuente. De ser así, deberíamos considerar a Ponte da Carballada como unha denominación posterior á da familia.

EMIGRACIÓN

Éste é un apelido en perigo de extinción, como case todos os apelidos «raros». Hoxe hai máis Carballadas fóra de Galicia e mesmo de España que no propio país. Isto é debido, principalmente, á forte sangría migratoria que sufriu o interior de Galicia nos últimos 200 anos. Imaxinade as condicións de vida en Martín (Bóveda) no século XIX… ou agora!

Foron varios os que emigraron aos Estados Unidos nos anos 20 e 30 e que están rexistrados nos arquivos de Ellis Island, o centro receptor de inmigrantes, fronte á Estatua da Liberdade. Isto explica que hoxe vivan neste país un importante número de persoas con este apelido, concentrados nos estados de New York e Ohio, principalmente.

En menor número chegaron a Cuba, e de aí, posteriormente, á Florida, Puerto Rico e México.

Pero o grande receptor foi, como non, a Arxentina, país no que viven máis Carballadas que en España, ainda que iso pasa tamén con moitos outros apelidos galegos.

ESTATÍSTICA

O Instituto Nacional de Estadística sacou esta interesante páxina na que podemos procurar os apelidos dos residentes inscritos no padrón do Reino de España.

Isto pode ter diferentes aplicacións, por exemplo, coñecer a provincia de orixe do apelido en cuestión e o patrón das migracións dos seus portadores. Ademáis temos a opción de elixir se queremos procurar as provincias de residencia ou as de nacemento.

O único problema é que se o resultado nunha provincia é menos de 5, non aparece, e eses individuos pasan á categoría de «Resto».
Eu procurei o apelido Carballada, por lugar de residencia e de nacemento (clicade para ver os reultados) e aquí temos algunhas

conclusións:

  • O apelido orixinouse na provincia de Lugo (iso xa o sabiamos). Aproximadamente o 60% dos Carballadas (como primeiro ou segundo apelido), naceron en Lugo, ainda que só un 37% viven ainda na provincia.
    Os camiños da emigración interior levaron aos Carballadas ao resto de Galicia (á Coruña, preferentemente, e a Pontevedra) e, por suposto, a Barcelona e Madrid.
  • Algunhas provincias desaparecen do mapa se nos limitamos á procura por nacemento (ou é que naceron menos de 5 nesas provincias?).
  • Outras 35 persoas levan o apelido Carballada nas provincias non maioritarias (Resto).
  • Un dato curioso: 4 persoas apelídanse Carballada Carballada, pero non naceron nin viven en ningunha desas provincias maioritarias.
  • Somos 397 no Imperio (non sei se estou incluido na conta) e algúns máis que están de camiño. Se mantemos a balanza positiva pasaremos dos 400, que case non dá nin para encher o cine da esquina.

En Galicia, a Xunta e a Universidade de Santiago acaban de lanzar estoutra páxina, e podedes consultar a distribución deste apelido por concellos aquí!!
O mapa da frecuencia relativa do apelido Carballada nos concellos galegos (padrón do 2001) quedaría así:

Nota: Hasta aquí es una copia integra del artículo publicado por Pablo Carballada en su blog o meu curruncho y que amablemente me ha permitido reproducir.

Como curiosidad y buscando un poco más en los registros de la isla de Ellys encontre un tal Jose Carballada que llegó el 24 de Noviembre de 1920 procedente de Bóveda en el barco Manchuria desde Vigo.

Este es el documento de registro, la línea 23 corresponde a su registro
Ellys

aparece como invitado por Jose Vega con dirección 1821 E 28th ST.Lorain Ohio, eso está aquí en google maps.
Y éste es el barco Manchuria de más de 13.000 toneladas y con capacidad para 1,718 pasajeros (350 first class, 68 second class, 1,300 third class)
Manchuria

Actualizado: Gracias a JoseF tengo un gráfico del reparto de los Carballada en provincias en España según el Instituto de Estadística.

Carballada por provincias

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...



navegación

por fecha:
| siguiente» «anterior |

con la misma categoría en Opinion, Destacados, Diario personal:
| siguiente» «anterior |

uno cualquiera, a suerte:
¡Salta!


otros artículos posiblemente relacionados


comentarios cerrados
  1.       Jose

    acabo de actualizar el post con nueva información que me ha pasado JoseF sobre los residentes con apellidos Carballada… unos 390 en toda españa

  2.       RUBEN OMAR CARBALLADA

    Hola Jose! como estas queria dejar en esta pagina un abrazo grande para todos los Carballada, desde la ciudad de Rosario, provincia de santa fe en mi querida Argentina.
    Por supuesto que tengo algunos Carballada en mi facebook, pero mi intencion es felicitarte por tu iniciativa para poder juntar a todos!
    Un gran abrazo y si visitas mi pais las puertas de mi casa estan abiertas!

  3.       Jose Carballada

    Saludos Ruben!

  4.       gemma

    Hola, nada mas decirte que yo soy nacida en Martín-Boveda- Lugo, y como no tengo el apellido Carballada por parte de mi madre, però no proviene de allí, proviene de Saviñao. ( el de mi madre, claro )
    Saludos
    Gemma

  5.       María Laura González Carballada

    Hola… en realidad estoy buscando la partida de nacimiento de mi abuelo materno, Benigno Carballada. Según los datos con los que cuento nació en 1906 (más o menos) en Monforte de Lemos. Yo mandé pedir el documento, pero no figura en los registros del lugar. Sé también que vivió en Rosario durante los últimos años de su vida. Si algún familiar quisiera darme información se lo agradecería.

Jose Carballada

Este es el blog personal de Jose Carballada.

El árbol y el hijo ya están hace tiempo, me faltaba el libro y se me ocurrió empezar ésto...






IBSN: Internet Blog Serial Number 0-637-975-222     QR Code carballada.com